Thursday 19 de September de 2024

A Xunta resalta a importancia do diálogo social con todos os axentes do tecido laboral para seguir impulsando o emprego en Galicia


A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago nun acto de homenaxe -organizado polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras en Galicia e a Fundación 10 de Marzo- ao sindicalista Xan María Castro, falecido a finais de 2023 e que foi un dos fundadores da organización, da cal que chegou a ser secretario xeral entre os anos 2000 e 2009 e tamén presidente da súa Fundación desde o 2013 ata o seu pasamento.

A directora xeral puxo en valor a figura de Xan María Castro e aproveitou a súa intervención para reafirmar o compromiso da Xunta por potenciar a escoita activa e o diálogo social entre administración autonómica, sindicatos e patronais co obxectivo de chegar a consensos que permitan abordar grandes retos do mercado laboral -como o absentismo, a saúde laboral, a duración da xornada ou as vacantes do mercado- e co obxectivo prioritario de acadar máis e mellor emprego de calidade.

Deja un comentario